DOCUMENTAL (trailer)

A illa dos galegos

Baixo a dirección da cineasta cubana Natasha Vázquez e o prestixioso produtor audiovisual galego José María Besteiro, este documental relata a fascinante historia dos galegos na illa caribeña.
Un equipo de realización filmará en Galicia e Cuba os mellores momentos da grabación do disco Son galego, son cubano, con letras de X.Neira Vilas, música de Roi Casal e a participación especial de Pablo Milanés.
Paralelamente, Roi Casal descubrirá anécdotas, lugares e fitos dos galegos na illa da man dos historiadores Julio César González Pagés e Nancy Pérez Rey .
A música, a historia e o presente entremézclanse nesta filmación única para convertirse tamén en crónica, a modo de making off, de Son galego, son cubano. Homenaxe a Xosé Neira Vilas e á emigración galega en Cuba.

One Response to DOCUMENTAL (trailer)

  1. RTJ says:

    Qué ben Neira Vilas!!!

Deixa unha resposta

producion@harpazul.com - tlf. 600716570